Escolas Infantís Cuquiños

Na E.I.M A Ramallosa estamos a celebrar este mes de febreiro o mes da música e tivemos o gran pracer de contar coa colaboración de varios grupos musicais do concello de Teo.

O PROXECTO DA ESCOLA INFANTIL DA RAMALLOSA CONTA CON MOITOS COLABORADORES

O xoves 17 viñeron a visitarnos dous dos compoñentes do grupo "Thehomens´4" que nos tocaron varias pezas que fixeron o deleite dos máis pequenos/as. Despois os nenos/as tamén tiveron ocasión de botarlle man a algún dos instrumentos que nos trouxeron, sendo o instrumento estrela a guitarra española, e tocárona, vaia... se a tocaron, aínda que soar non soaba moito. Nenos/as hai que practicar máis e o próximo concerto darédelo vos!

 Moitas grazas o grupo "Thehomens´4" por colaborar connosco.