Escolas Infantís Cuquiños

Novas

OS NENOS/AS DE UN A DOUS ANOS FAN UN AZO DE UVAS

15-11-2011

APROVEITANDO QUE É O TEMPO DA VENDIMA NA ESCOLA INFANTIL DE VALGA OS PEQUENOS DUN ANIÑO FIXERON UN AZO DE UVAS PARA ADORNAR O COLE, CADA UN PUXO A A SÚA MAN MOLLADA EN PINTURA MORADA NUN REDONDEL,  E LOGO XUNTAMOLAS FACENDO UN RACIMO DE UVAS

Que ben o pasamos coa pintura de dedos !!

CASTAÑAS QUENTIÑAS...

14-11-2011

Na escola infantil municipal de Valga celebrouse o magosto o pasado catro de novembro, as profes fixeron as castañas no cole para que estivesen quentiñas, e logo fixose unha merenda para pais e nenos/as, onde se podían degustar as castañas asadas, cocidas ou crúas.

GOZANDO DO OUTONO NA ESCOLA DE PONTEDEUME

14-11-2011

Estas últimas semanas realizamos diferentes actividades propias da época do ano na que nos atopamos. Saímos ó Paseo Marítimo de Pontedeume carcano á Escola e coa axuda de varias nais recollemos follas caídas das árbores. Outro día festexamos a vendima e os nenos e nenas pisaron as uvas para facer o zume. Tamén pedimos a colaboración das familias para facer unha exposición de cabazas na Escola que decoraron na casa e, hai que dicilo: nosos pais, nais e nenos-as son uns artistas! Outro día preparamos un pastel de cabaza e..., por último, celebramos a Grande Festa do Outono onde os nenos e nenas pasárono xenial xogando coas follas, pintando a cara, comendo o pastel,...

FESTA OUTONO DE SAMAÍN

14-11-2011

TALLER DE DEGUSTACIÓN

IMOS VENDIMIAR

14-11-2011

Fixemos as uvas que vendimiamos cunha folla de periódico dividida en dúas partes, enrrugamolo papel o máis que poidemos, para facer unha pequena boliña, revestímolas de papel transparente de varias cores e pegamos o rabo do racimo. Que ben nos sairon os racimos!!!

Chegou o día!!!. Despois  de ver que o tempo acompaña, os cuquiños de Meis viron que as uvas xa estaban cumpridas para poder ser vendimiadas.  Todos os cuquiños da aula de 2 - 3, capitaneados pola profe Nati, descansamos despois dun largo día de traballo. Claro que aínda quedou traballo para o día seguinte, a pesares de traballar arreo durante toda a mañán.

O SAMAIN NA EIM CELANOVA

14-11-2011

Durante a última semana de outubro estivemos traballando o Samain: pintamos pinzas e pegámoslle un morcego, fixemos un castelo con pantasmas (cada neno/a era unha pantasma),  pintamos noces e fixemos arañas. E como non podía faltar, coa colaboración dos pais/nais que nos trouxeron cabazas, cada neno/a pintou unha e fixemos uns simpáticos "ratiños". Ata as profes puxemos uns gorros de bruxas. Pasamolo moi ben!!!!