PRESENTÁMOSVOS AS CABAZAS
14-11-2011
Presentámosvos as cabazas que recolectamos, decoramos e como nón, as que disfrazamos os cuquiños de Becerreá!!
14-11-2011
Presentámosvos as cabazas que recolectamos, decoramos e como nón, as que disfrazamos os cuquiños de Becerreá!!
28-10-2011
Coa chegada do outono explicámoslles ós nenos/as a través dun conto como se realizaba "a vendima". Cada neno/a pintou o seu conto e levouno para a casa. Logo fixemos un mural onde colaboraron todos os nenos/as pintando racimos de uvas.Para finalizar, coa axuda dos pais/nais que nos trouxeron uvas, pisamolas de dúas maneiras: un día cos pés e logo ó día seguinte cun pasapurés para poder beber o zume. Ata os máis peques da escola tocaron as uvas.
26-07-2011
O pasado venres celebramos na escola de A Ramallosa unhas olimpiadas coas familias dos nenos/as denominadas "Xogos Ramallolímpicos 2011". Nestas olimpiadas tan especiais participamos todos/as: os nenos/as, as familias e todo o personal educativo; e ademáis contamos coa presencia do concelleiro de benestar Ignacio Iglesias que tamén se animoua participar nalgunhas das actividades programadas.
21-07-2011
Mañá venres 22 de xullo celebraremos na escola de A Ramallosa unhas particulares Olimpiadas en familia, xa que este mes está adicado ao deporte.
18-07-2011
Os nenos e nenas do cole fixeron as súas actuacións estelares e logo procedemos á graduación da aula de 2-3 tamén houbo regalos para as profes e a profe de prácticas. ….
12-07-2011
En maio pedimos ós pais/nais a súa colaboración cun saco de terra por cada neno/a para preparar a terra do noso horto.Algún avó ata nos trouxo leitugas e tomates. Despois de ter preparada a terra prantamos: tomates, leitugas, porros, amorodos, acelgas, espinaca, calabazas de cacahuete e xudías, ata unha sandía e albahaca que tamén nos regalaron.Entre os nenos/as e as educadoras estamos coidando o noso horto. Os nenos/as pintaron un espantallo (porque temos moito paxariño que nos comen os amorodos) e os debuxos das prantas para identificalas.