Escolas Infantís Cuquiños

Novas

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE DEBUXO "LETRAS GALEGAS 2011" NA E.I.M DE SAVIÑAO

08-07-2011

O día 28 de Xuño asistimos a entrega de premios na Biblioteca Municipal do Saviñao. Como xa vos contamos fai uns días 3 alumnos da nosa escola foron premiados, por iso quixemos acompañalos neste día tan especial.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA E.I.M DE SAVIÑAO

05-07-2011

O pasado venres día 1 de Xullo celebramos o festival de fin de curso na Devesa de Escairón. Fixemos unha gran festa para celebrar xunto coas familias o final de curso. O programa de actos foi moi sinxelo: en primeiro lugar actuaron os nenos/as da aula de 2 -3 anos que cantaron e bailaron un "Popurri das mans" con Tamara, a continuación actuaron os alumnos da aula de 1-2  coa canción "El cocodrilo"  baixo a supervisión de Ascen e por último os máis pequeniños da escola fixeron "palmas - palmitas" xunto coa súa profe Merchi...

GRADUACIÓN 2010/2011ESCOLA INFANTIL DE MEIS

05-07-2011

   DESPOIS DUN ANO TAN LONGO, OS CUQUIÑOS DE MEIS VIRON PREMIADO O SEU TEMPO O DÍA 30 DE XUÑO, COA FESTA DE GRADUACIÓN. TIVO LUGAR A PARTIR DAS 11 DO MEDIODÍA NA QUE SE REUNIRON TODOS OS PAIS DOS NENOS E NENAS DA AULA DE 2 -3 CAPITANEADOS POR SUSANA. E ESTOS ESTIVERON ARROPADOS POLOS DEMAIS COMPAÑEIROS DE MENOS IDADE. DESPOIS DA ENTREGA DE DIPLOMAS TODOS DEGUSTAMOS POSTRES TRAÍDOS POLOS PAIS E NAIS DOS NENOS E NENAS.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE PONTEDEUME.

04-07-2011

Un ano máis celebramos o Festival de Fin de Curso onde os pequenos e pequenas foron os protagonistas do evento. O grupo dos bebés disfrazáronse cos seus pais e nais de animais e bailaron con Gema e o grupo de 1-2 anos bailaron e cantaron vestidos de mariñeiros con María e Lucía. Os maiores da Escola bailaron unha canción en inglés e interpraron un conto con Elena e Rosi. 

FESTIVAL DE GRADUACIÓN E FIN DE CURSO NA EIM CELANOVA

27-06-2011

 O venres 24 de Xuño celebramos na escola o festival de graduación coa presencia dos papis, onde entregamos ós nenos /as da aula 2-3 un diploma. A continuación estes nenos /as xunto coa súa titora fixeron unha escenificación de despedida.Para finalizar todos os nenos/as da escola bailaron a canción "Danza Kuduro". Fixérono fenomenal.E como non podía faltar comemos uns aperitivos.

FIXEMOS AUGA DE FRORES POLO SAN XOAN NA EIM CELANOVA

27-06-2011

 O xoves 23 de xuño,coas frores que nos sobraron da alfombra froral, colocámolas en tinas con auga e deixamolas de noite fóra da escola ( a noite de San Xoan).O día seguinte lavamos a cara con ela.