Escolas Infantís Cuquiños

Novas

ALFOMBRAS FRORAIS NA EIM CELANOVA

24-06-2011

Onte fixemos, coa colaboración de todos os pais que trouxeron frores, unha alfombra froral porque era Corpus Cristi.  Pasámolo moi ben.  

FESTIVAL DE FIN DE CURSO DE E.I.M DE BECERREÁ

22-06-2011

 Na escola infantil municipal de Becerreá celebramos ao festival de fin de curso cunha gran festa. Nesta festa repartimos os diplomas dos nenos que se graduan, os alumnos da aula de 2-3 que comezan no cole dos maiores. 

OS ALUMNOS DA E.I.M DE VALGA REALIZAMOS UNHA SALIDA O CIRCUITO DE TRÁFICO

21-06-2011

FOTO1 . Educación vial actividade de señais de tráfico: Os nenos/as traballan na aula sobre a educación vial, xa que teñen unha saída organizada por tráfico onde terán que facer un circuito montados nos seus triciclos.¡¡¡¡ESTES NENOS/AS PINTAN COMO OS ANXELES!!!!

FOTO 2 . preparados, listos.....preparándose para a saída....os nenos/as en filas de a dous esperando que lles den a saída....¡que nervios!

FOTO 3. e ......    XA!!!!!! dispostos para saír o semáforo a piques de poñerse en verde e preparados para arrancar.....¡

TALLER DE COCIÑA NA E.I.M CELANOVA

21-06-2011

Durante toda a semana pasada fixemos un taller de cociña. Primeiro pintaron uns gorros de cociñeiros e logo puxémonos mans a obra. O primeiro día fixemos brochetas de froita, o segundo día fixemos xelatina de amorodo e laranxa en moldes de figuras ( corazóns, peixes, estrelas e flores), o terceiro día fixemos unha tarta de galletas e chocolate, o cuarto día unhas figuras (palmeiras) con kiwi e plátano e o último día batido de plátano. 

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA E.I RAMALLOSA

20-06-2011

Este mes de Xuño adicado á arte quixemos traballalo dun xeito moi especial: Demostrando que os nenos/as da Ramallosa  ta´mén son artistas.

¿Como ? Pois actuando como auténticos profesionais da musica no festival de fin de curso. Pensamos en facer un nostálxico e divertido percorrido  polas diferentes décadas elixindo unha canción representativa de cada unha delas e este foi o resultado.   MIRADE, MIRADE...!

TAMÉN APROVEITAMOS ESTE MOMENTO, COA COLABORACIÓN DE CARMEN DIÉGUEZ, PARA GRADUAR AOS NENOS/AS DE 2-3 ANOS E QUE COMEZARÁN EN BREVE NOUTRO COLE, NO COLE DE MAIORES!!!

DATAS DE CELEBRACIÓN DOS FESTIVAIS DE FIN DE CURSO

14-06-2011

  •  Escola Infantil Municipal da Ramallosa : venres 17 de Xuño ás 16.30 horas
  •  Escola Infantil Municipal de Valga : xoves 30 de Xuño ás 16.00 horas
  •  Escola Infantil Municipal de Celanova: venres 24 de Xuño ás 19:00 horas
  •  Escola Infantil Municipal de Pontedeume " CHALET ROSA": venres 30 de Xuño as 17:30
  •  Escola Infantil Municpal de O Saviñao: venres 1 de Xullo
  •  Escola Infantil Municipal de Meis: xoves 30 de Xuño (HABERÁ SORPRESA !!!!!!! NON QUEREMOS UN NON POR  RESPOSTA, JIJIJ)
  •  Escola Infantil Municipal de Becerreá: 23 de Xuño as 11:00.