Escolas Infantís Cuquiños

Novas

EXCURSIÓN Á BIBLIOTECA MUNICIPAL E Ó CONCELLO DE PONTEDEUME

25-05-2011

O grupo de 2-3 anos da Escola Infantil de Pontedeume xuntos con dúas educadoras e varias nais visitamos a biblioteca municipal onde vimos contos e tamén escoitamos e observamos o conto do Dromedario Macario contado polo bibliotecario Alejandro.

A policía estivo na escola de A RAMALLOSA..., pero non vos asustedes que só nos viñeron facer unha visita.

25-05-2011

Jose, o papá de Lois, é policía e quiso mostrarlles aos nenos/as en que consiste o seu traballo. Jose e algúns dos seus compañeiros viñeron totalmente uniformados, e con todo o material que necesitan para facer ben o seu traballo: defensas, grilletes, cascos...e dúas motos e un super-coche que fixeron que os nenos/as quedasen totalmente abraiados, sobre todo cando fixeron soar as sirenas. Que divertido!!!

Ah! E por se esto fose pouco, trouxeron regalos para tódolos nenos e nenas; que bos son estos policías!

MES DOS OFICIOS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DA RAMALLOSA

23-05-2011

Este mes de maio celebramos na Ramallosa o mes dos oficios e os familiares dos nenos/as foron invitados para que compartan con nós a súa profesión.

Lucía, a mamá de Tomás, apuntouse a esta interesante actividade e amosoulles aos nenos/as o seu oficio: "xornalista". Os pequenos/as quedaron totalmente abraiados, sobre todo cando Lucía lles trouxo unha boa nova publicada no seu periódico : "Os cuquiños reciben un lote de xoguetes novos", menudo notición!!!

Gracias Lucía polas boas novas e pola túa participación unha vez máis.

 

Día das letras galegas na Escola Infantil Municipal de Becerreá

18-05-2011

Este ano o día das letras galegas fixemos unha visita á Biblioteca do concello onde nos regalou o Sr. Alcalde un conto en galego.

- Visita dunha gaiteira á escola infantil municipal de Valga

18-05-2011

  •    Os nenos/as de dous a tres anos fixemos unha flor amarela, cun corazón verde, onde puxemos: eu tamén falo galego.
  • Os nenos/as de un a dous anos fixemos un libro moi pavero, adicado ó escritor Lois Pereiro.
  • Veu unha gaiteira a tocar varias cancións, e ensinounos como se tocaba, manipulamos a gaita, e sopramos.

ESCURSIÓN  DE SEMANA SANTA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BECERREÁ

16-05-2011

Este mes de abril, como sabedes foi Semana Santa, polo que na Escola tivemos unha visita moi especial o Sr. cura D. Anxo. Subimos  visitar todos xuntos, o Telecentro do Concello, onde nos esperaba Sara a cal nos puxo a nosa disposición o proxector e a aula dos ordenadores. D.Anxo aproveitou isto para explicarnos na pantalla con imaxes, en que consistía o seu traballo,  ensinounos distintas igrexas onde D. Anxo da a misa, os altares, os distintos Santos e como se chamaban, as distintas Vírxenes, Ánxeles, as pilas onde nos bautizamos, os altos onde tocan os coros e as bandas, etc...., tamén vimos estas igrexas por fóra e o que mais nos chamou a atención  foron as distintas campás co seu son. Tamén nos ensinou un cáliz, os ramos que levamos a igrexa o Domingo de Ramos para bendicir....E por último cantamos cancións  e vimos algunha marioneta feita tamén por D. Anxo, adecuadas a estas idades.