Escolas Infantís Cuquiños

Novas

  -Os nenos/as de Valga de dous a tres anos imos de excursión.   - Visita a protección civil.

16-05-2011

  •   •O  seis de maio fomos de excursión á xornada de portas abertas de protección civil, aprendemos moitas cousas. Vimos traxes de buzo, extintores, as roupas que teñen, máscaras de osíxeno, os coches que teñen…..

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE O SAVIÑAO : ¡¡¡Feliz día Mamá!!! 

11-05-2011

Hola amig@s, queremos ensinarvos os regalos que fixemos na Escola Infantil do Saviñao para as nosas mamás. Esta vez eleximos un bonito xarrón de flores. Para a súa cofección usamos botes de plástico, area, bolas de plasti, palillos … Traballamos moito pero mereceu a pena!!! 

ESCURSIÓN O ACUARIO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE PONTEDEUME " CHALET ROSA"

06-05-2011

Os nenos e as nenas da Escola Infantil Municipal de Pontedeume visitaron o Acuario Finisterre en A Coruña. Alí, coas profes e algúns familiares que acompañaron ós pequenos e pequenas vimos diferentes animais acuáticos como polbos, sardiñas, focas, tiburóns, etc.

"Xuntanza familiar no entorno natural do Xirimbao"

02-05-2011

Para clausurar o  mes do medioambiente decidimos organizar unha saída ao entorno natural do Xirimbao, pertencente ao Concello de Teo. Os nenos/as foron acompañados das súas familias e xuntos disfrutaron de unha tarde diferente e moi, moi divertida.Nesta xuntanza os nenos e nenas aprenderon como coidar da natureza, reciclando, non tirando lixo ao chan..., tiveron a ocasión de escoitar un conto ao aire libre, participaron coas súas familias en xogos tradicionais,merendaron biscoito que fixemos esa mesma mañá no taller de cociña da escola,  e sobre todo, desfrutaron moito moitísimo deste entorno maravilloso como é o Xirimbao.

Adicatoria as mellores mamas do mundo(desde a escola infantil municipal de Becerreá)

29-04-2011

Dou grazas porque o nacer, te elexiu Deus como miña nai, porque eres da miña vida,mamá, a mellor parte…

Grazas, por darme, o mellor da túa existencia, e Grazas por estar hoxe, sempre tan atenta…

Grazas por entenderme,  porque non me reprendas, e porque da miña tristeza te des perfecta conta.

Un inmenso Grazas, por terte cerca, e porque me axudes, en tódalas miñas penas…

Se puidera regalaríache, tódalas estrelas que están no ceo, pero como alcanzalas non poido, como ofrenda hoxe  entrégoche,a miña alegría, e este cariño inmenso!!! Que fai que os meus días, se sintan a pleno!!!

FELICIDADES MAMÁS!!! NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE CELANOVA.

29-04-2011

 ESTES DÍAS ESTIVEMOS TRABALLANDO MOITO PARA FACERLLE UN AGASALLO AS NOSAS MAMIS: "UNHA AXENDA".