Escolas Infantís Cuquiños

Novas

Moitas grazas unha vez máis ás familias pola súa imaxinativa e creativa colaboración.

25-04-2011

Neste mes de abril adicado ao medioambiente os nenos e nenas da escola de A Ramallosa, xunto coas súas familias, fixeron uns xoguetes chulísimos e moi especiais, xa que están feitos con material de refugallo (cartón, plástico...), que logo trouxeron ao cole para facer unha bonita exposición e, sobre todo, para compartir cos demáis nenos/as.

 

Chegou a primavera a Escola Infantil "Cuquiños " de Meis.

25-04-2011

Os pais levaron para a casa unha flor que decoraron ao seu gusto, e agora podemos ver o resultado desa maravillosa colaboración, sin eles non podería ser posible.

Na Escola infantil de Meis tiveron unha visita moi especial.

20-04-2011

A galiña de Pascoa QuiQuiki visitou a Escola Infantil de Meis e veu cargadiña de cestiños con oviños de chocolate que ela mesma elaborou e diseñou, para que todos os nenos levasen un recordo desta Pascoa tan especial.

DIA DA ÁRBORE NA ESCOLA INFANTIL DA RAMALLOSA

13-04-2011

Os nenos e nenas de A Ramallosa plantamos unha árbore no xardín da escola, xa que este mes de abril está adicado ao medioambiente.

A árbore ten un nome moi divertido que nos gustou moito: "liquidambar", aínda que un pouquechiño complicado. Agora nós somos os encargados/as de regalo tódolos días para que medre moito e se poña ben bonito.

Moitas grazas a Manuel e Xan, xardineiros do Concello de Teo que nos axudaron moitísimo para que esta actividade se poidera levar a cabo e tamén a Carmen Diéguez, concelleira de educación, pola súa presencia e apoio incodicional sempre a escola.

  CHEGOU A PASCOA ( Escola Infantil Municipal de Valga)

13-04-2011

  Coa chegada da Semana Santa, volvemos a aproveitar esta semana sinalada para repasar os contidos, neste caso as cores, a arte plástica, etc para facer unha actividade relacionada  nesta ocasión cos ovos de Pascoa.

O MES DA ARBORE NA ESCOLA INFANTIL DE BECERREÁ

11-04-2011

Este mes de marzo adicámolo as árbores, o día 21 saímos de excursión o campo e levamos as nosas pintadas xunto coas frores, bolboretas, paxaros,xoaniñas...