Escolas Infantís Cuquiños

Novas

Mandámoslles  esta adicatoria os mellores pais do mundo dende a Escola Infantil Municipal de Becerreá.

01-04-2011

Adicatoria ós mellores país do mundo.

  • Por estar sempre que vos necesitamos,

e ensinarnos co voso exemplo

o que é o esforzo e o traballo,

por preocuparvos cando nos enfermamos,

por falar connosco do que sexa,

por entendernos en alguna que

outra circunstancia,

polo voso cariño e os bos momentos

que sempre nos dades,

hoxe queremos darvos esta adicatoria

por ser así como sodes……………

Os nenos da Escola Infantil Municipal de Valga participaron na V Exposición da Camelia

28-03-2011

 

  Neste mes da árbore, os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal de Valga traballamos sobre a camelia, e participamos na V exposición Da Camelia . Pintamolas de cor vermello e elaboramos coa axuda de todo o persoal da escola dous fermosos centros, a nosa particular exposición, estaba adicada as viaxes Bella Otero, que foi o tema que eliximos porque naceu en Valga e da nome á unha camelia da nosa zona. O centro foi agasallado polo xurado da exposición pola  participación na “V exposición Da Camelia en Valga” Con esta actividade, os nenos/as plasmaron a súa creatividade, disfrutaron dos diferentes tipos, olores e cores de camelias, fomentaron o respecto cara as prantas, árbores e flores, e aprenderon a respectar o turno, para ir poñendo cada quen a súa camelia no centro, aprendendo a estimular os sentidos, valores, etc.

 Os cuquiños da Escola Infantil de Meis, aprenden a facer canapés para as súas festas de cumpreanos.

28-03-2011

Os alumnos da Escola Infantil de Meis disfrutaron do obradoiro de cociña, comezamos cunha receta moi sencilla. Mirade que boa pinta teñen e que ben se desenvolven os nenos.

 

OS NENOS/AS DA E.I.M DE A RAMALLOSA FOMOS DE EXCURSIÓN Á CASA DO CONCELLO DE TEO, ONDE NOS RECIBIRON O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE  EDUCACIÓN

25-03-2011

VIMOS UNHA EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL E LOGO FIXEMOS USO DO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO PARA FACER UNHA PEQUENA REPRESENTACIÓN, ONDE HOUBO UNHA ALCADESA, CONCELLEIROS/AS E PERIODISTAS ACREDITADOS DA TV CUQUIÑOS E XORNAL CUQUIÑOS. MENUDOS REPORTEIROS!!!

 DESPOIS CARMEN DIÉGUEZ CONTOUNOS O CONTO DE "OS BOLECHAS EN TEO" E DOUNOS A CADA UN POSTER DO CONTO QUE NOS ENCANTOU.

 

A CONQUISTA MÁIS POPULAR DE GLOBOS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE MEIS

24-03-2011

Os cuquiños da Escola Infantil de Meis protagonizan a conquista máis popular de globos.

Hoxe vén a visitarnos Ezequíel Mosquera cicilista profesional e natural do concello de Teo.

11-03-2011

Dentro do proxecto que se está realizando na escola infantil da Ramallosa unha das visitas programadas era a do ciclista Ezequiel Mosquera. O ciclista que corre no equipo holandés Vacansoleil fixo unha parada no concello e visitou hoxe a escola infantil. Os nenos/as recibiron con moito enstusiasmo xa que trouxo unha das súas bicicletas. Os nenos puderon montar na bicicleta e colocarse o casco.