O ALCALDE DE BECERREÁ FIXO ENTREGA DUN LINDO DETALLE
04-03-2011
Os nosos alumnos disfrazados de ananiños e as educadoras de brancaneves, recolleron o venres de entroido un agasallo de máns do alcalde.
04-03-2011
Os nosos alumnos disfrazados de ananiños e as educadoras de brancaneves, recolleron o venres de entroido un agasallo de máns do alcalde.
02-03-2011
Para todos aqueles que queirades participar estas son as datas de cada centro
01-03-2011
Os nenos e as nenas da Escola de Pontedeume celebraron a Festa do Inverno tocando e saboreando xeo de diferentes formas e cores e tamén iogur líquido conxelado de sabor a fresa.
28-02-2011
Cuarteto de música clásica Airela, o gaiteiro Pablo Seoane, o grupo "Thehomens´4" e a banda de gaitas de Oza. E, sobre todo, queremos dalas grazas ás familias que tamén participaron de cheo neste mes da música: asistindo á presentación do proxecto, interesándose polas actividades, aportando materiais para algunhas das actividades...e por facer posible unha maravillosa exposición de instrumentos musicais feitos por eles mesmos con material de refugallo. Mirade, mirade...menudo derroche de imaxinación e creatividade!
28-02-2011
Para clausurar o mes da música viñeron a visitarnos á nosa escola a banda de gaiteiros de Oza, que tocaron varias pezas que deixaron abraiados aos máis pequenos/as. Aínda que ao comezo da actuación o ruído das gaitas asustaron a máis dun, moi pronto se acostumaron e non facían máis que pedir "outra, outra!" Menudo público, nunca se cansan!
25-02-2011
Na nosa escola temos clases de música e de cando en vez recibimos a visita de algún músico para que nos ensine o seu instrumento e nos deixe tocalo. Xa coñecemos varios, como o CLARINETE que o trouxo a nosa profe Tamara para que poidesemos tocar como ela. ¡¡ Foi moi divertido!! Outro dia veu a visitarnos Victor Vilariño un importante trompetista galego. Ensinounos diferentes tipos de trompetas, coñecemos o seu son...e por último deixounos tocar