Escolas Infantís Cuquiños

Novas

O alumnos do obradoiro de carpinteria do concello de Becerreá fixeronnos un regalo con moito cariño

22-02-2011

  No taller de carpintería fixeron uns bancos para os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal de Becerreá, bancos que moitos non coñecían a sua forma, xa que imitan os que había antigüamente nas casas o pe das  lareiras.

 Estos dias si chegamos cansos a casa que sepades que é porque estamos moi atarefados.

21-02-2011

Xa se está achegando o Entroido, na Escola Infantil Municipal de Becerreá este ano facemos os disfraces practicando costura e pintando. Participaremos no desfile que fan todos os colexios e coma sempre seremos os máis guapos.

Na E.I.M A Ramallosa estamos a celebrar este mes de febreiro o mes da música e tivemos o gran pracer de contar coa colaboración de varios grupos musicais do concello de Teo.

18-02-2011

O xoves 17 viñeron a visitarnos dous dos compoñentes do grupo "Thehomens´4" que nos tocaron varias pezas que fixeron o deleite dos máis pequenos/as. Despois os nenos/as tamén tiveron ocasión de botarlle man a algún dos instrumentos que nos trouxeron, sendo o instrumento estrela a guitarra española, e tocárona, vaia... se a tocaron, aínda que soar non soaba moito. Nenos/as hai que practicar máis e o próximo concerto darédelo vos!

HELLO!

17-02-2011

Queremos amosarvos como os nenos/as da E.I.M. A Ramallosa aprendemos inglés. A profe Cris ensínanos moitas cousas, fálanos case todo en inglés e aínda que o principio de curso non entendíamos "nothing de nothing", agora xa sabemos saudar, as cores, decir como nos chamamos e cando a profe nos pregunta ou explica algo xa entendemos todo e respostamos correctamente. Encántanos esto de aprender un idioma diferente; é moi divertido! Botade unha ollada, así traballamos...

Estamos a celebrar neste mes de febreiro o mes da música

14-02-2011

O pasado xoves tivemos unha visita moi especial na E.I.M. A Ramallosa. Estamos a celebrar neste mes de febreiro o mes da música e os avós de Carlos e Roi viñeron a tocarnos unha muiñeira con dous instrumentos moi populares: a pandeireta e a armónica. Os nenos/as pasárono en grande e algún incluso se animou a probar esto da música, tocando a pandeireta e soplando na armónica. Que divertido!!!

A música con Pablo Seoane abriu o proxecto educativo realizado pola Escola infantil municipal da Ramallosa.

08-02-2011

O equipo educativo da escola infantil municipal da Ramallosa ( Teo) diseñou un singular proxecto co que pretende involucrar a escola no tecido social e cultural do concello do municipio con diferentes accións educativas, a par que facer máis participes os pais e tutores dos pequenos.

A idea non é nova en alguns dos aspectos, como o intercambio de experiencias interxeneracionais, pero si singular desde o punto de vista educativo, xa que ten como base a Teo.