Escolas Infantís Cuquiños

Novas

FESTIVAL DE NADAL CON VISITA DE PAPA NOEL INCLUIDA

22-12-2010

Hoxe na Escola Infantil Municipal de Celanova celebraron o festival de Nadal onde todos os nenos/as  cantaron a paxoliña "o burriño sabaneiro" e bailaron coas maracas feitas por eles "Gatatumba". Despois tiveron unha recompensa coa visita de Papá Noel que lle trouxo un regalo e caramelos.

Irene unha nena da aula 2-3 deulle ó Papá Noel as súas chupetas para que llas leve ós bebés.

Belen da Escola Infantil Municipal de Becerreá

22-12-2010

Os nenos da Escola Infantil de Becerreá participaron na realización deste orixinal Belén

CREACIÓN DE NADAL

22-12-2010

Na escola Infantil de Becerreá este ano fixeron un orixinal Belén, na súa creación participaron todos os nenos da escola que tamen decoraron o arbol de nadal cuns adornos realizadas por eles mesmos.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DA RAMALLOSA

22-12-2010

A Escola Infantil da Ramallosa celebrou un festival de Nadal no cal participaron nenos/as e pais/nais na creación dunhas orixinais postais de Nadal. Os/as nenos/as tiveron a visita de Papa Noel que deixou algún que outro regalo.

O alcalde Martiño Noriega Sánchez e a concelleira Carmen Dieguez González quixeron acompañar a pais/nais e nenos/as nun día tan especial, eles foron os encargados de repartir os premios e diplomas aos participantes do concurso de postais.

CELEBRACIÓN DO DIA DOS DEREITOS DO NENO NA ESCOLA INFANTIL DE VALGA

23-11-2010

Este ano na Escola Infantil Municipal de Valga, os nenos e nenas do cole pintamos un mural para facer conscientes os mais grandes e a nós mesmos dende pequenos, que todos os nenos e nenas do mundo teñen uns dereitos e que debemos loitar entre todos para que se cumplan, polo beneficio sobre todo dos nenos e nenas mais necesitados e que viven en peores condicións que nós.

OS NOSOS CUQUIÑOS RECIBIRON UNHA VISITA MOI ESPECIAL POLO DÍA DE SANTA CECILIA

22-11-2010

 Na escola infantil municipal de Celanova tivemos a sorte de contar cun profesor moi especial, Juan o avó de Mateo Rodríguez da aula de 2 a 3 ensinounos como se toca a trompeta.