Alumnos da escola infantil de Valga coñecen o ciclo do pan acompañados polos seus avós
22-11-2010
Coñecer o ciclo do pan coa axuda de profesionais e dos seus avós foi toda unha experiencia para a vintena de alumnos, de entre 0 a 3 anos, da escola infantil Cuquiños de Valga. A actividade enmárcase dentro do curso "Encontros interxeracionais", que organiza a asociación Axentiva e que nesta ocasión tivo como apoio aos integrantes da Asociación de Minusválidos de Valga, que confeccionaron os mandilóns e os gorros que empregaron os pequenos para realizar unha actividade que tardarán en esquecer.