Escolas Infantís Cuquiños

A música con Pablo Seoane abriu o proxecto educativo realizado pola Escola infantil municipal da Ramallosa.

INICIAN EN A RAMALLOSA UN SINGULAR PLAN EDUCATIVO CO CONCELLO COMO BASE

O equipo educativo da escola infantil municipal da Ramallosa ( Teo) diseñou un singular proxecto co que pretende involucrar a escola no tecido social e cultural do concello do municipio con diferentes accións educativas, a par que facer máis participes os pais e tutores dos pequenos.

A idea non é nova en alguns dos aspectos, como o intercambio de experiencias interxeneracionais, pero si singular desde o punto de vista educativo, xa que ten como base a Teo.

 

Desde o centro recalcan que " o obxetvo deste proxecto é acercar os máis pequenos o seui entorno máis próximo. Para que aprendan e necesario enseñarlles partindo do máis cercano e coñecido para eles: familia, escola e medio no que viven".

A iniciativa, presentada a semana pasada, ten como obxetivo dedicar cada un dos meses unha temática xenérica que relacionarán na medida do posible co propio concello e co entorno inmediato dos nenos/as.

Un programa feito con ilusión e traballo que encandilou os pais e obtuvo o respaldo do Concello, na persoa de Carmen Diéguez.