Escolas Infantís Cuquiños

As estrelas do Antroido

AS ESTRELAS DO ANTROIDO

 

 

O Antroido chegou tamén ás portas das garderías municipais Cuquiños xestionadas pola Fundación de Estudios e Análises (FESAN). Como non podía ser de outro xeito, a festa xirou entorno ós disfraces. O motivo elexido este ano foi a representación dun ceo estrelado que acolle os peregrinos que fan o camiño de santiago. Deste xeito os máis cativos disfrazaronse do que en definitiva adoitan ser ó longo de todo o ano: unhas pequenas estrelas cãs que percorremos  o camiño cada dia.

 

Nesta actividade, como en todas as organizadas nas garderías Cuquiños, tiveron un papel especial as nais e pais dos rapaces. Non só na realización dos disfraces, senón na posta en marcha da festa en xeral. Así, eles, os rapaces e o resto do equipo docente das garderías participaron en xogos e obradoiros, con desfile de estrelas incluido, para rematar nunha pequena comida con productos típicos destas datas.

 

Por este motivo podemos concluir que, ainda que os que ían de estrelas eran os máis cativos, todos tiveron un papel estelar neste Antroido de Cuquiños