Charla e simulacro na escola infantil de Pontedeume (30/03/2015)
O luns 30 de marzo levamos a cabo un simulacro na escola infantil Chalé Rosa de Pontedeume onde simulamos un incendio na cociña.
Seguimos o protocolo de emergencias e realizamos unha evacuación de todos os nenos do centro así como do persoal do mesmo. Os da clase de 0-1 fixérono nas cunas, os de 0-1 andando ca súa mestra e os maiores foron evacuados polo persoal de Protección Civil de Pontedeume. Tamén participaron neste simulacro a Policia Local e o concelleiro de Seguridade Cidadá do Concello de Pontedeume. O simulacro realizouse correctamente e ó pouco xa retomamos a rutina diaria do centro.
Unha semana antes o persoal de Protección Civil levou a cabo unha charla co grupo de maiores para que puidesen coñecer máis de cerca o seu traballo e onde os nenos puderon manipular as linternas, poñer os cascos, ver unhas imaxes, etc.
Ademais foron agasallados con uns chalecos reflectantes e unhas pegatinas.