DIA DA ÁRBORE NA ESCOLA INFANTIL DA RAMALLOSA
Os nenos e nenas de A Ramallosa plantamos unha árbore no xardín da escola, xa que este mes de abril está adicado ao medioambiente. A árbore ten un nome moi divertido que nos gustou moito: "liquidambar", aínda que un pouquechiño complicado. Agora nós somos os encargados/as de regalo tódolos días para que medre moito e se poña ben bonito. Moitas grazas a Manuel e Xan, xardineiros do Concello de Teo que nos axudaron moitísimo para que esta actividade se poidera levar a cabo e tamén a Carmen Diéguez, concelleira de educación, pola súa presencia e apoio incodicional sempre a escola.
Por certo, xa temos un novo amigo na escola e chámase "liquidambar". Benvido, coidarémoste moito!