DIA MUNDIAL DA PAZ
O día 30 de xaneiro é o día mundial da Paz e, como non, os nenos/as da Escola Infantil Municipal de A Ramallosa quixemos conmemorar este día tan especial.
Fixemos as nosas propias pombiñas da Paz e decorámolo centro, fixemos murales coas nosas manciñas e... para rematar tódolos nenos e nenas da escola saímos ao patio e colléndonos das mans fixemos unha gran cadea para pedir unha soa cousa...PAZ!!!