Escolas Infantís Cuquiños

ESCURSIÓN  DE SEMANA SANTA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BECERREÁ

ESCURSIÓN  DE SEMANA SANTA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BECERREÁ

Este mes de abril, como sabedes foi Semana Santa, polo que na Escola tivemos unha visita moi especial o Sr. cura D. Anxo. Subimos  visitar todos xuntos, o Telecentro do Concello, onde nos esperaba Sara a cal nos puxo a nosa disposición o proxector e a aula dos ordenadores. D.Anxo aproveitou isto para explicarnos na pantalla con imaxes, en que consistía o seu traballo,  ensinounos distintas igrexas onde D. Anxo da a misa, os altares, os distintos Santos e como se chamaban, as distintas Vírxenes, Ánxeles, as pilas onde nos bautizamos, os altos onde tocan os coros e as bandas, etc...., tamén vimos estas igrexas por fóra e o que mais nos chamou a atención  foron as distintas campás co seu son. Tamén nos ensinou un cáliz, os ramos que levamos a igrexa o Domingo de Ramos para bendicir....E por último cantamos cancións  e vimos algunha marioneta feita tamén por D. Anxo, adecuadas a estas idades.

Foi unha excursión diferente, portámonos moi ben, e dámoslles as grazas dende eiquí a D. Anxo e o concello por esta nova experiencia que puidemos vivir.

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!!!