FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA E.I.M DE SAVIÑAO
O pasado venres día 1 de Xullo celebramos o festival de fin de curso na Devesa de Escairón. Fixemos unha gran festa para celebrar xunto coas familias o final de curso. O programa de actos foi moi sinxelo: en primeiro lugar actuaron os nenos/as da aula de 2 -3 anos que cantaron e bailaron un "Popurri das mans" con Tamara, a continuación actuaron os alumnos da aula de 1-2 coa canción "El cocodrilo" baixo a supervisión de Ascen e por último os máis pequeniños da escola fixeron "palmas - palmitas" xunto coa súa profe Merchi...
Despois de tanta canción chegou un momento moi esperado sobre todo por os máis maiores: A Graduación dos alumnos que rematan ciclo e que o próximo curso se incorporarán o "cole de maiores", para este acto contamos cunha representante do concello para a entrega de diplomas, a concellala Beatriz Rois Castro. Para rematar, todos xuntos celebramos unha gran merenda na que participaron tamén as familias.
GRACIAS A TODOS POR FACER QUE ESTE ACTO SE CONVERTERA NUNHA GRAN FESTA!!!