Escolas Infantís Cuquiños

GOZANDO DO OUTONO NA ESCOLA DE PONTEDEUME

GOZANDO DO OUTONO NA ESCOLA DE PONTEDEUME

Estas últimas semanas realizamos diferentes actividades propias da época do ano na que nos atopamos. Saímos ó Paseo Marítimo de Pontedeume carcano á Escola e coa axuda de varias nais recollemos follas caídas das árbores. Outro día festexamos a vendima e os nenos e nenas pisaron as uvas para facer o zume. Tamén pedimos a colaboración das familias para facer unha exposición de cabazas na Escola que decoraron na casa e, hai que dicilo: nosos pais, nais e nenos-as son uns artistas! Outro día preparamos un pastel de cabaza e..., por último, celebramos a Grande Festa do Outono onde os nenos e nenas pasárono xenial xogando coas follas, pintando a cara, comendo o pastel,...

QUE DIVERTIDO É O OUTONO !!