OS NENOS/AS DA E.I.M DE A RAMALLOSA FOMOS DE EXCURSIÓN Á CASA DO CONCELLO DE TEO, ONDE NOS RECIBIRON O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN
VIMOS UNHA EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL E LOGO FIXEMOS USO DO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO PARA FACER UNHA PEQUENA REPRESENTACIÓN, ONDE HOUBO UNHA ALCADESA, CONCELLEIROS/AS E PERIODISTAS ACREDITADOS DA TV CUQUIÑOS E XORNAL CUQUIÑOS. MENUDOS REPORTEIROS!!! DESPOIS CARMEN DIÉGUEZ CONTOUNOS O CONTO DE "OS BOLECHAS EN TEO" E DOUNOS A CADA UN POSTER DO CONTO QUE NOS ENCANTOU.
FOI UNHA MAÑÁ MOI INTENSA, DIFERENTE E SUPERDIVERTIDA. AGARDAMOS VOLTAR DE EXCURSIÓN MOI PRONTO!!!