Escolas Infantís Cuquiños

Os nenos da Escola Infantil Municipal de Valga participaron na V Exposición da Camelia

V EXPOSICIÓN DA CAMELIA NO CONCELLO DE VALGA

 

  Neste mes da árbore, os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal de Valga traballamos sobre a camelia, e participamos na V exposición Da Camelia . Pintamolas de cor vermello e elaboramos coa axuda de todo o persoal da escola dous fermosos centros, a nosa particular exposición, estaba adicada as viaxes Bella Otero, que foi o tema que eliximos porque naceu en Valga e da nome á unha camelia da nosa zona. O centro foi agasallado polo xurado da exposición pola  participación na “V exposición Da Camelia en Valga” Con esta actividade, os nenos/as plasmaron a súa creatividade, disfrutaron dos diferentes tipos, olores e cores de camelias, fomentaron o respecto cara as prantas, árbores e flores, e aprenderon a respectar o turno, para ir poñendo cada quen a súa camelia no centro, aprendendo a estimular os sentidos, valores, etc.

As camelias, son moi fermosas,  cheiran moi ben ¡¡¡ Pasámolo moi ben!!!