OS NOSOS CUQUIÑOS RECIBIRON UNHA VISITA MOI ESPECIAL POLO DÍA DE SANTA CECILIA
Na escola infantil municipal de Celanova tivemos a sorte de contar cun profesor moi especial, Juan o avó de Mateo Rodríguez da aula de 2 a 3 ensinounos como se toca a trompeta.
Esta semana celebramos o día da música, fixemos un taller de instrumentos con materiais reciclados. O día 22 celebramos Santa Cecilia cunha visita moi especial á nosa escola, Juan o avó dun dos nosos alumnos que é compoñente da banda de Música Municipal de Celanova visitounos coa súa trompeta, os nosos pequenos quedaron encantados e Juan prometeunos volver, non é de estrañar cun público tan especial.