Escolas Infantís Cuquiños

Recollemos todo tipo de follas para logo facer un mural  e o libro persoal coas follas.

IMOS DE EXCURSIÓN POLOS ARREDORES.

Fixemos unha saída polor arredores para recoller follas das árbores que atopabamos polo camiño. Todos en equipo axudamos a meter as follas nas bolsas, atopamos piñas ainda que non se poden coller, xa que son alimento para os esquíos, collemos so algunha.A  nosa sorpresa foi cando nos adentramos no bosque vimos uns porquiños camboianos ou hawaianos, negros e pequenos. Ao principio tiñámonos medo, tanto eles coma nós, menos mal que as profes nos tranquilizaron e puidemos ver como eles se achegaban ao valado para saudarnos. Qué simpáticos!!!!!!

Pasámolo de maravilla, esperamos volver repetir esta experiencia, todos xuntos.

O final fixemos UN LIBRO coa nosa experiencia.