TALLER DE COCIÑA NA E.I.M CELANOVA
Durante toda a semana pasada fixemos un taller de cociña. Primeiro pintaron uns gorros de cociñeiros e logo puxémonos mans a obra. O primeiro día fixemos brochetas de froita, o segundo día fixemos xelatina de amorodo e laranxa en moldes de figuras ( corazóns, peixes, estrelas e flores), o terceiro día fixemos unha tarta de galletas e chocolate, o cuarto día unhas figuras (palmeiras) con kiwi e plátano e o último día batido de plátano.
Xa vedes como traballamos e....comemos!!!