Escolas Infantís Cuquiños

Política de privacidade

Datos identificativos do responsable do tratamento

  • Responsable do tratamento: FUNDACIÓN DE ESTUDIOS E ANÁLISES (FESAN)
  • CIF: G-15597669
  • Dirección social: Rúa de Amio, 114 (Parque Empresarial Costa Vella) - 15707 - Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Teléfono: 981 522 426
  • Correo electrónico: info@fesan.org
  • Actividad: xestión de escolas infantís

Información a usuarios e consentimento

De acordo co indicado no Regulamento Europeo de Protección de Datos (UE) 2016/679 e coa Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, coa aceptación da presente política de privacidade ao usuario manifesta o seu consentimento expreso, libre, informado e inequívoco para que os datos persoais que puidera proporcionar a FUNDACIÓN DE ESTUDIOS E ANÁLISES (en adiante FESAN) a través dos formularios e medios de contacto que puideran estar dispostos ou habilitados no sitio web sexan incorporados aos arquivos da entidade. O responsable do tratamento informa aos interesados que, tal e como a normativa vixente aplicable prescribe, foron aplicadas ás actividades de tratamento de datos persoais realizadas as correspondentes medidas de seguridade técnicas e organizativas, que se implementaron despois de realizarse o pertinente análises de riscos.

Que datos personais se recollen?

A través da páxina web recollemos os datos que identifican ao usuario e os datos estritamente necesarios para poder xestionar as consultas e solicitudes formuladas a través dos formularios e demais vías ou medios de contacto dispostos no sitio web. En ningún caso recolleremos ou rexistraremos a través do sitio web información con datos persoais sensibles ou datos especialmente protexidos.

Os datos persoais recollidos serán tratados coas seguintes bases de lexitimación:

  • A execución do contrato ou acordo mercantil que puidera ser formalizado polo usuario ou polos seus representantes coa entidade despois de contactar e ao efecto de posibilitar o desenvolvemento dos servizos que foron solicitados a través das vías de contacto indicadas no sitio web
  • O consentimento do usuario en relación co contacto a través das vías establecidas para solicitar información ou realizar consultas, e en relación co envío de comunicacións comerciais, vía mail, cookies ou sistemas de mensaxería

Cal é a finalidade coa que tratamos os datos personais recollidos?

Os datos persoais recollidos polo responsable do tratamento a través dos medios de contacto habilitados no sitio web serán tratados con finalidades específicas en cada caso e de acordo co indicado a continuación.

Datos obtidos a través das vías de contacto habilitadas: existe un formulario de contacto e un teléfono e correo electrónico de contacto para realizar consultas, solicitudes de información, suxestións, queixas ou para o contacto profesional coa entidade. Neste caso usarase o teléfono ou o correo electrónico coa finalidade de responder ás solicitudes recibidas e enviar a información requirida polo usuario a través da web, e so serán solicitados e recollidos os datos estritamente necesarios para atender ao concretamente solicitado polo usuario.

Datos facilitados para o envío de comunicacións comerciais: neste caso os datos proporcionados polo usuario serán utilizados para xestionar o envío de publicidade, comunicacións comerciais e información relacionada con novidades ou promocións que este solicitara expresamente ou cuxo envío aceptara de modo expreso con carácter previo, así como co fin de facilitar a revogación do consentimento previamente outorgado polo usuario, ou a súa oposición ao tratamento dos seus datos cos fins indicados.

Con motivo da prestación dos servizos e contidos ofrecidos pola entidade a través do sitio web, FESAN podería solicitar nalgún momento datos persoais ao usuario mediante formularios u outros medios de contacto, en cuxo caso será sempre de aplicación o indicado nesta Política de Privacidade.

Durante cánto tempo conservaremos os datos personais recollidos?

Os datos persoais facilitados á entidade responsable do sitio web serán tratados con carácter xeral mentres se manteña a relación de prestación de servizos que se puido formalizar entre as partes e se necesite dos datos para o desenvolvemento das actividades da entidade e a execución dos servizos e actividades indicados en www.cuquinos.org contratados ou solicitados polo usuario despois de contactar a través do sitio web, e en tanto non sexa solicitada polo usuario a supresión dos mesmos ou fora revocado o consentimento que se outorgara con carácter previo polos interesados naqueles supostos nos que o tratamento dos datos estivera fundamentado en dito consentimento.

Respecto aos datos persoais facilitados polos usuarios, unha vez finalizada a relación contractual ou mercantil que se puido formalizar, solicitada a supresión dos datos, ou revocado o consentimento previamente outorgado, se aplicarán en cada caso os prazos de prescrición específicos previstos pola lexislación aplicable, cun prazo xenérico de 5 anos para as accións persoais sen prazo especial, de 6 anos para facturas e libros de contabilidade da entidade e de 10 anos en relación co disposto na Lei de Prevención do Branqueo de Capitais e Financiamento do Terrorismo (art. 25). Durante os prazos de prescrición indicados os datos manteranse broqueados e a disposición unicamente de autoridades e administracións públicas, e finalizados os mesmos os datos serán eliminados.

Cal é a base de lexitimación que nos permite tratar os datos recollidos?

A base legal de lexitimación que nos permite realizar o tratamento dos datos persoais recollidos a través do sitio web está fundamentada, no que se refire ao envío dos formularios que poidan estar habilitados para realizar consultas e solicitudes de información, ou ao contacto a través dos medios indicados na web, no consentimento expreso e informado do interesado ou do seu representante recollido e outorgado de acordo coas condicións indicadas no art. 7 do Regulamento Europeo de Protección de Datos, segundo o cal os interesados terán dereito a retirar en calquera momento ese consentimento.

O responsable informa que os datos solicitados a través dos formularios que puideran estar habilitados ou dos medios de contacto indicados no sitio web serán os estritamente necesarios para atender a consulta, solicitude ou petición concreta formulada polo interesado.

No caso dos datos persoais recollidos con motivo da contratación dos servizos da entidade, a base de lexitimación estará fundamentada na execución dun contrato ou acordo mercantil entre as partes e ao efecto de posibilitar a contratación dos servizos solicitados á entidade, e/ou o desenvolvemento e xestión dos mesmos.

No caso dos datos persoais recollidos con motivo da interacción dos usuarios a través dos perfís oficiais da entidade en redes sociais e dos comentarios realizados por estes a través dos mesmos en relación coas actividades realizadas pola entidade, a base de lexitimación estará fundada no consentimento expreso e informado do interesado.

No caso do envío de comunicacións comerciais ao usuario a base de lexitimación para o tratamento dos seus datos estará fundamentada no consentimento expreso e informado do interesado, recollido e outorgado de acordo coas condicións indicadas no art. 7 del Regulamento Europeo de Protección de Datos, segundo o cal os interesados terán dereito a retirar en calquera momento ese consentimento previamente outorgado.

Calidade dos datos facilitados

FESAN advirte aos usuarios que, salvo que exista unha representación legal suficientemente acreditada, ningún usuario pode utilizar a identidade doutra persoa e comunicar datos persoais de terceiros, de modo que os usuarios do sitio web deben ter en conta que so poden comunicar datos persoais propios e que sexan adecuados, pertinentes, exactos, actualizados e verdadeiros.

Os usuarios serán responsables dos danos directos e indirectos causados a terceiros ou á entidade polo uso de datos persoais doutro usuario, ou polo uso dos seus propios datos persoais se son falsos, incorrectos, inadecuados, improcedentes ou non actualizados.

Os usuarios que comuniquen á entidade datos persoais de terceiros deberán dispoñer dun consentimento informado do terceiro e conforme con esta Política de Privacidade, e responderán diso fronte á entidade e fronte ao terceiro, exonerando á entidade de toda responsabilidade ao respecto.

Cales son os dereitos que poden exercitar quenes nos facilitan os seus datos?

De acordo co indicado no Regulamento Europeo de Protección de Datos (UE) 2016/679 e na Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, os interesados terán dereito a obter confirmación sobre si en FESAN estamos tratando datos persoais que lle concirnen ou non, así como a exercitar os dereitos recoñecidos en materia de datos persoais.

Os interesados terán dereito concretamente a:

  • Solicitar o acceso aos datos persoais que lle concirnen
  • Solicitar a rectificación ou supresión dos datos
  • Solicitar a cancelación dos datos
  • Solicitar la limitación do tratamento dos datos
  • Oporse ao tratamento dos datos
  • Solicitar a portabilidade dos datos

No caso de que o interesado outorgase o seu consentimento para algunha finalidade concreta, terá dereito a retirar en calquera momento o consentimento previamente outorgado, e sen que elo afecte á licitude dos tratamentos baseados no consentimento outorgado previamente á súa retirada.

Se os interesados consideran que non tratamos os seus datos persoais de acordo coa normativa de referencia indicada, e se entenden que non satisfixemos a súa solicitude de exercicio de dereitos, poderán presentar se o desexan unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos como autoridade de control nacional na dirección da organización en Calle Jorge Juan, 6 - 28001 – Madrid, ou nas vías de contacto indicadas na páxina web da institución (www.agpd.es), incluíndo á sede electrónica https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/.

Para o exercicio de tódolos dereitos antes indicados os interesados poderán dirixirse ás direccións de contacto arriba indicadas para solicitar o formulario de solicitude disposto pola entidade a tal efecto en cumprimento das súas obrigacións legais, formulario que o interesado deberá acompañar cando sexa presentado ou enviado dunha copia do seu DNI ou documento equivalente acreditativo da súa identidade e a do seu representante no seu caso. O exercicio dos dereitos será gratuíto, pudendo ser entregada a solicitude en man ao persoal da entidade, ou enviada por correo postal ou por correo electrónico ás direccións de contacto indicadas.

O responsable del tratamento informa aos interesados que estableceu e implantou protocolos e medidas específicas para o cumprimento da normativa de protección de datos do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello (Regulamento Xeral de Protección de Datos) e da Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e Garantía de los Dereitos Dixitais.

Dereitos do usuario en relación coas comunicacións comerciais

FESAN informa que os usuarios que autorizaran expresamente a realización de envíos de comunicacións comerciais ou promocionais vía e-mail, sms ou calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente ou similar, terán dereito a oporse ao tratamento dos seus datos persoais con fins comerciais ou promocionais, así como ao dereito a revocar o consentimento previamente outorgado ao efecto, coa simple notificación á entidade ao respecto e enviando un correo electrónico a info@fesan.org.

A que destinatarios se poderían comunicar os teus datos?

Os datos persoais proporcionados polos usuarios so serán tratados con carácter xeral polos responsables da entidade e polo persoal laboral propio ou colaboradores autónomos autorizados que se puidera ter contratados en cada momento, e aos que se esixirá a formalización dun acordo de confidencialidade e o cumprimento do deber de segredo respecto dos datos persoais aos que puidera ter acceso no desempeño das súas funcións dentro para a entidade.

So se realizarán con carácter xeral cesións de datos a terceiros nos supostos de obrigación legal, como no caso das cesións realizadas ás Autoridades e Administracións Públicas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e a Xulgados e Tribunais.

Poderanse realizar tamén cesións de datos cando elo fora necesario para posibilitar o desenvolvemento dos servizos contratados ou solicitados á entidade polos usuarios e/ou os servizos contratados a provedores externos, incluídos bancos e entidades financeiras para a xestión de cobros e pagos, e os encargados do tratamento, e sempre neste caso dentro do marco previsto no contrato de encargado de tratamento formalizado entre a entidade e os encargados contratados. A entidade comprométese en todo caso a informar aos interesados acerca da necesidade de realizar cesións extraordinarias de datos a terceiros para xestionar a prestación de servizos ao efecto de que os interesados podan manifestar o seu consentimento para a cesión de datos como requisito previo para que este se leve a cabo.

No caso das transferencias internacionais de datos derivadas da utilización por parte da entidade de ferramentas, aplicacións, programas ou provedores de servizos, realizaranse baixo o amparo dos convenios internacionais vixentes en cada momento, de cláusulas contractuais tipo e das normas corporativas vinculantes que garantan que as empresas de software norteamericanas e de países de fora da UE cumpran coas políticas de protección de datos europeas en materia de privacidade, segredo y seguridade dos datos.

Segredo e seguridade dos datos

FESAN comprométese no uso e tratamento adecuado dos datos persoais dos usuarios, respectando a súa confidencialidade, e a utilizar estes de acordo coas finalidades concretas de dito tratamento, así como a dar cumprimento á súa obrigación de gardar os datos e de adoptar tódalas medidas de seguridade dispostas para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, e de acordo co establecido na normativa de protección de datos vixente.

Esta web inclúe un certificado SSL, un protocolo de seguridade que fai que os teus datos viaxen de maneira íntegra e segura, é dicir, a transmisión dos datos entre un servidor e un usuario da web, e en retroalimentación, é totalmente cifrada.

A entidade non pode garantir a absoluta inexpugnabilidade da rede de Internet e polo tanto a violación dos datos mediante accesos fraudulentos a eles por parte de terceiros.

Respecto a la confidencialidade do procesamento dos datos, FESAN asegurarase de que calquera persoa que estea autorizada pola entidade para procesar os datos dos usuarios, incluíndo ao persoal, aos colaboradores e aos provedores, estea baixo a correspondente obrigación de confidencialidade, xa sexa legal ou contractual.

Cando se produza algún incidente de seguridade, una vez FESAN teña coñecemento do mesmo o notificará sen demoras indebidas ao usuario e proporcionará a información oportuna relacionada co incidente de seguridade e en todo caso sempre que o usuario o solicite dun modo razoable.

Exactitude e veracidade dos datos

O usuario é responsable da veracidade e corrección dos datos persoais que remita e proporcione a través do sitio www.cuquinos.org, exonerando a FESAN de calquera responsabilidade ao respecto. Os usuarios garantiran e responderán, en calquera caso, da exactitude, veracidade, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados, e se comprometen a mantelos debidamente actualizados. O usuario acepta proporcionar información completa e correcta a través das vías de contacto habilitadas na web.

Cambios na política de privacidade

FESAN resérvase o dereito a modificar a presente política de privacidade para adaptala ás novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como ás prácticas do sector. Nestes casos anunciaranse na páxina web os cambios coa debida antelación antes da súa posta en práctica.

Política de Privacidade actualizada con data de 12 de Abril de 2021