Proxecto educativo
As escolas infantís consitúen un servizo público educativo e de asistencia social para a primeira infancia.
Os nosos centros cumplen unha función social e educativa na súa área de influencia, proporcionando aos seus usuarios unha atención integral, sen distinción de raza, sexo ou condición social, a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico-motor, emocional, afectivo, social e cognitivo dos nenos e nenas.
Ademais, a organización da ensinanza vai dirixida á cooperación cos pais e nais ou titores/as, co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, e a acadar unha maior integración entre o centro e as familias.
Relación coas familias
As nosas escolas infantís son o punto de encontro de tódolos elementos humanos que as compoñen: nenos e nenas, equipo educativo, persoal de servizos e familias.
O contacto auténtico e real entre a escola e a familia ofrecerá ao neno/a unha imaxe de proximidade e relación entre as persoas que se ocupan do seu coidado, dándolles confianza, familiaridade e seguridade no ámbito da escola.
Ademais, o papel dos pais e nais no desenvolvemento de aprendizaxes temperáns é primordial. Un ambiente familiar rico en estímulos educativos é a mellor base para unha educación de calidade.
Por esa razón, dende a Escola Infantil se fomentará a relación entre persoal educativo e os pais e nais ou titores, de maneira que se lles poida prestar a estes un asesoramento educativo de calidade.